Web social e tecnoloxía 2.0
Web 2.0: “todas aquelas utilidades e servizos de Internet que se sustentan nunha base de datos, a cal pode ser modificada polos usuarios do servizo, ben sexa no seu contido (engadindo, cambiando ou borrando información, ou asociando datos á información existente), ben na forma de presentalos, ou en contido e forma simultaneamente.“- (Ribes, 2007)
Facebook, Tuenti, Twitter, Blogger, Flickr, Del.icio.us, Google Maps, Amazon, Gmail, Wikipedia… Todas estas ferramentas permiten aos usuarios desenvolver día a día o que hoxe coñecemos como web social, que se sustenta na web 2.0 arriba definida. Todas elas contan con miles ou millóns de seguidores a escala planetaria, que nin sequera comprenden exactamente o seu funcionamento; o que realmente os atrae é un único obxectivo: comunicarse, relacionarse. A web social é a nova forma de comunicación das masas, do “pueblo llano”, que xa non precisa un experto informático ou un profesional da información para crear e colgar contidos web. Non require coñecementos, posto que se trata de ferramentas bastante intuitivas (como tantas veces oímos estas semanas no MCCD), e tampouco dun desembolso en tecnoloxía, xa que a maioría son gratuitas. A gratuidade foi precisamente o elemento popularizador da nova comunicación: a xente descubriu que pode reencontrarse con vellos amigos, buscar parella ou enamorarse sen buscalo, compartir as fotografías do seu último viaxe a París coa familia, etc.
Realmente, a revolución chegou cando a primeira persoa que colgou unha foto entendeu que non só interesaba á súa familia, senón que un montón de usuarios dese servizo, con intereses similares, comentaban sen cesar sobre o contido que acababa de crear. Isto non só sucede coas fotografías ou cos vídeos (caso de Youtube). A blogosfera ou universo blog move cada día a millóns de usuarios que se animan a escribir sobre temas variados, que hai 20 anos era impensable que interesaran a ninguén, e moito menos aos medios de comunicación. Cada vez máis, as novidades e exclusivas saltan antes a formatos como Twitter, de forma que os medios se involucran en comunidades sociais como fonte de información.
Forofos e detractores
Como acostuma suceder cando unha nova forma de comunicación aparece (anteriormente coa radio e a televisión), álzanse voces para desprestixiala e advertir sobre os seus perigos. O que quero resaltar aquí non son as ameazas que se agochan detrás dun mal uso da web social, que as hai, senón destacar o volume de posibilidades que este novo universo web nos ofrece.
- Información: a web 2.0 abre aos medios unha nova forma de chegar a fontes de datos e información que doutro xeito serían inalcanzables, ao tempo que permite unha interacción real co usuario/lector (máis alá dos comentarios, cartas ao director, etc.). Por primeira vez os profesionais poden e deben centrarse na calidade do contido, e non na cantidade. A especialización entendida como profundización é o camiño que deben seguir se queren sobrevivir (xornalismo de cantidade/xornalismo de calidade).
- Educación: a web educativa 1.0 xa queda lonxe no tempo, e cada vez son máis os usos docentes que se lle dan a internet. Desde a 2.0 e camiñando cara a web semántica da que falamos en clase no último bloque de contidos do profesor J. L. Orihuela, a interacción profesor-alumnos é cada vez maior, deixando atrás o volcado de contidos cerrados polo profesor que o alumno unicamente consultaba. Os estudantes poden non só acceder ao contido, senón crealo. Nacen tamén os Webquest e outro tipo de ferramentas que permiten avaliar a aprendizaxe dos alumnos sen recurrir ao típico exame. A motivación aumenta proporcionalmente cando aumentan as posibilidades.
- Socialización: en contra da idea xeralizada de que a web social, da man dos chats e foros e novas tecnoloxías como Second Life, inciden no illamento das persoas, os especialistas da comunicación dixital sosteñen a postura contraria. Os usuarios buscan precisamente relacionarse, conversar e socializar; ese é o motivo polo que os internautas colgan fotos, comentarios e contidos na rede.